| Margarita Boto Gómez manifestouse moi feliz de ter na casa aos fillos, un deles chegado de Brasil, e súa curmá chegada de Arxentina e encantada de coñecer ao alcalde Miguel Lores que onte acudeu a súa casa para regalarlle un ramo de frores con gallo do seu centenario. Margarita ten tres fillos, dez netos e catorce bisnetos -o maior de 16 anos o máis pequeno dun mes- unha ampla familia que estará con ela o vindeiro sábado nunha xuntanza que agarda emocionada. "Gústame a xente nova, é unha ledicia" recoñece esta muller que adicou a vida a coidar dos seus. Unha muller orgullosa da súa familia.