Marín presenta ás subvencións de Cultura dous programas de creación literaria

Son dous obradoiros en galego para nenos e adultos por un importe de 15.700 euros

01.06.2016 | 02:46

A xunta de goberno local acordou solicitar unha subvención para a dinamización lingüística no concello de Marín, por contía total de 15.750,13 euros.

Se solicita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a realización de dous programas de dinamización lingüística, un "Obradoiro de creación literaria en galego" para o que se pide un total de 988,13 euros e un "Obradoiro para nenos e nenas en galego", que require de 14.762,00 euros. Ambos suman os 15.750,13 euros da contía total.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria oferta subvencións para este tipo de programas de dinamización lingüística ás entidades locais de Galicia.

Na súa proposta, o goberno local de Marín acordou aceptar as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria de axudas públicas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine