Deputación intervén pasos de peóns e prazas con frases de Castelao e das Irmandades

A primeira acción deste programa, no enlace das rúas Riestra e Oliva

01.06.2016 | 02:46
Presentación, onte, da primeira das intervencións. // Rafa Vázquez

"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma" e "Na fala galega vive a ialma da nosa terra", pode lerse dende onte no paso de peóns no cruce entre as rúas Riestra e Olíva. Trátase das dúas frases escollidas para intervir os pasos de peóns e as prazas públicas dos concellos da provincia" e achegar á cidadanía a loita pola defensa da lingua tanto de Castelao como das Irmandades da Fala".

Lembrouno onte deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, na presentación deste paso de peóns que é primeiro exemplo desta invervención promovida pola Deputación. Accompañarono os concelleiros capitalinos de Mobilidade, Luis Bará, e de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e a concelleira de Cultura, Anxos Rivieiro. Tamén a deputada provincial Eva Vilaverde.

Leal sinalou que a iniciativa persegue "achegar á cidadanía os dous centenarios máis significativos deste ano, o da fundación das Irmandades, e o da chegada de Castelao a Pontevedra. "Queremos que esta acción sexa un punto de inflexión a nivel lingüístico para que a xente se involucre no que era historicamente a defensa da lingua, que segue sendo unha opción que hai que seguir defendendo hoxe, e introducilas na cotidianidade da xente", suliñou.

cotidianeidade da xente" afirmou

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine