| O Pazo de Mugartegui foi escenario onte da recepción do alcalde, Miguel Fernández Lores, ás asociacións do concello que colaboraron para facer posible Maio, mes da lingua. Once agrupacións culturais, veciñais e medios de comunicación, ademáis dos institutos e a Escola de Idiomas, puxeron en marcha ducias de actividades formativas, de lecer, espectáculos etc.