"Morreu o máis veterano dos editores galegos en activo. Foi o fundador da colección de poesía Benito Soto e a súa figura pasará á historia polo seu papel na edición en lingua galega no século XX. A miña tristura débese a que era un home entusiasta, sempre positivo, con proxectos. En xeral os editores non son recoñecidos como merecen, xa que fan un traballo discreto, de acompañamento, de sostén. Eso fixo Sabino".