"Poucas persoas hai en Galicia, dende o ano 1949 a hoxe en día, tan comprometidas coa causa poética. Foi editor en tempos moi difíciles. Na colección de Benito Soto publicou un dos seus primeiros libros Manuel María, por exemplo. Daquela apenas se publicaban libros en galego. Publicou textos que outras editoriais non, como os meus versos republicanos ou outros libros pouco condescendentes coa situación política española".