A directiva da Asociación Galega de Editoras lamenta a perda de Sabino Torres, editor, escritor e xornalista pontevedrés, ademais de membrocorrespondente da Real Academia Galega, que faleceuestamañá en Madrid aos 91 anos.

Figura irreemprazable da nosa lírica no século XX, respectado e apreciado referente intelectual, memoria crítica e vibrante da súacidade, do valioso legado de Sabino Torres, decano dos editores galegos,á cultura galega destaca a Colección Benito Soto, que fundara en 1949 con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira, con Celso Emilio Ferreiro como director. Foi a primeira que publicou poesía en galego durante a ditadura franquista.

Foi precisamente con Celso Emilio Ferreiro e con Emilio Canda con quencomezara a súatraxectoriaxornalística en 1943, na revista Finisterre, á que se lle suma a súa participación como director, en Pontevedra, do semanario Ciudad. A Sabino Torres tamén se lle debe a posta en marcha do Semanario Litoral, en 1953.

A poesía, xéneroao que sempre estivo vencellado, volveu centrar outro dos seusproxectos literarios cando, en 1992, fundou a colección Hipocampo, volvendo contar coseu amigo Álvarez Negreira.

A súa obra literaria en galego, tanto en verso como en prosa, conta con media ducia de títulos, aos que se suman outrosdous libros en castelán. En 2014 publicou assúas memorias, tituladas "Crónicas dun tempo escondido" (Galaxia).

Dende os últimos anos residía en Madrid, onde en 2014 recibiu a homenaxe do Grupo Bilbao de Poesía Galega, na Casa de Galicia.

O mundo da edición en Galicia perde un exemplo de compromiso coa lingua e coa cultura, un promotor de ideas e iniciativas que foiquen de facer posible o imposible nunha época privada de plena liberdade para actuar a prol do desenvolvemento do país.