O Ateneo de Pontevedra organiza, co gallo da celebración das Letras Galegas 2016, a presentación do "Caderno e Audiovisual Manuel María", realizado por Manuel Anxo Méndez Fraguas, e editado e producido pola Agrupación Cultural Nós, coa colaboración do Concello de Moaña.

O acto terá lugar mañá as 20 horas na Casa das Campás de Pontevedra. Este "Caderno Mauel María" contén unha presentación sobre a relación de Manuel María coa vila de Moaña na que realizou dous recitais de poesía en na que ten adicado un paseo co seu nome por acordo unánime da Corporación Municipal.

Na citada publicación tamén se reflicten os actos realizados en Moaña e Cangas con motivo de anteriores homenaxes feitas ao escritor, resúmese a súa biografía e contén unha variada Antoloxía poética, unha escolma de textos teatrais e da súa obra en prosa, ademais dun resumo de discografía sobre poemas seus musicados por varios autores como Fuxan os Ventos, María Manoela, Suso Vaamonde, O Carro, Na Virada, Semente Nova, Milladoiro, A Quenlla, Uxía Senlle, Xardín Desordenado, Enric Barbat, Deabruak Teiletuetan, Uxía e Magín Blanco, entre outros.