Na terra onde o galeguista Xaime Illa decidiu asentarse, Raxó rendía culto onte á lingua, a literatura e ao poeta Manuel María co motivo do Día das Letras Galegas. A xornada comezou cunha carreira popular con saída no porto, que reuniu a 150 cativos para reivindicar o uso do galego, superando as expectativas de participación, según a concelleira de Deportes e Educación, Marga Caldas.

O prato forte da xornada foi pola tarde, cando se entregaron os premios do concurso literario Xaime Illa, un evento consolidado que estivo precedido dunha ponencia da que fora unha das súas galardonadas na edición do 2000, Tamara Andrés. A escritora de Combarro ven de publicar Nenæspiraes e transmitiulle aos asistentes a súa experiencia e animounos a seguir escribindo.

Foron premiados os traballos de relato de Hugo Ferrer na categoría de 6 a 8 anos; a poesía de Alejandro Alonso e o relato de Laura Casalderrey, na de 9 a 11; a poesía de Adrián Besada e o relato de Sara Albar, de 12 a 13 anos; na categoría de 14 e 15 anos levouse o premio Gonzalo Sanmartín; premiaronse a poesía de Carmen Ansín e o relato de Nicos Alexandra Chan, no grupo de 16 a 18 anos; e a poesía de Rocío Leira e o relato de Santiago José Cruz, no concurso de maiores de 18 anos.

Ademáis da exposición sobre Manuel María no centro cultural Xaime Illa, os actos do Día das Letras Galegas continúan este sábado cun contacontos ás 11.30 horas e cunha sesión do PoioEscea ás 21, ambos tamén en Raxó.