Neste 2016 e con soamente 23 anos, Tamara Andrés (Combarro, 1992) ven de triunfar co poemario Nenæspiraes, que recibiu o premio de poesía O Facho, repetindo o éxito que tivo o pasado ano con Amentalista, a súa primeria novela. No Día das Letras Galegas, onte compartiu protagonismo na súa vila con Manuel María e cos premiados do concurso literario Xaime Illa, do que ela mesma foi gañadora na edición do 2000 e no que onte ofreceu una conferencia sobre as súa experiencia persoal.

-¿Como se chega de ser unha das gañadoras do concurso a ser a poñente do Xaime Illa? ¿Imaxinábase que chegaría ahí cando era participante?

-A verdade e que non mo esperaba pero é un honor que confíen en min para participar en este tipo de actividades. E sobre todo é un honor que me tiveran como exemplo sobre todo para os nenos. Aínda que agora o concurso está aberto a máis idades, segue estando enfocado principalmente para os nenos. Penso que é un exemplo, que vexan que alguén que un día estivo na súa mesma posición conseguíu con esforzo algo. Ver que hai oportunidades para facerse un oco e chegar a algún sitio escribindo.

-¿Cal é o segredo para facerse o hoco que se fixo no mundo literario?

-O secredo para abrirse oco no mundo da literatura e escribir con ilusión e esforzarse moito. Creo que esta é a chave do éxito para facer calquera cousa, non só na literatura.

-¿Qué recordos tes do concurso que gañaches tí no 2000?

- (Risos) Estaba pensando niso cando preparaba a ponencia. Creo que foi a entrega do premio en sí, os cartos que só podías gastalo en libros. Foi unha ilusión moi grande. Nada máis acabar o acto fun directa á librería de Raxó a mercar máis libros. Volvín cargada de libros.

-¿Algún título en especial?

-Xa entón ía cunha lista. Era collelos e trachalos da lista.

-¿Cómo foi a obra na que gañou no seu momento? ¿Xa había algunha sinal da poeta que é agora?

-Con 8 anos foi unha poesía moi sinxela, moi clásica. Pero aínda así xa tiña algún toque surrealista que dalgún modo xa comezaba a conformar a voz poética que teño agora pero máis madura. Creo que sí se pode ver nela a base do que teño agora.

-¿E que lle pareceron os traballos de esta edición?

-Na categoría de adultos o xurado pediume a min, entre outros escritores, a miña opinión pero tamén lin ao resto dos gañadores para facer referencias ao estilo e traballos na ponencia. Penso que é bonito que os poeñentes fagan algunha meción aos gañadores, saír das conferencias académicas e achegalas aos nenos, que se sintan máis ligados.

-¿Como foi a calidade dos traballos?

-Foi moi alta, moi alta. Creo que é un momento moi bo para a creatividade literaria. Hai moito talento. Hai moitos concursos literarios e a xente ten que seguír presentándose a eles porque é un modo de catapultarse e facerse escoitar. Saíron traballos moi interesantes incluso nas categorías dos máis pequenos.

-¿Poden seguir o seu exemplo?

-Creo que cada un ten algo que aportar, algo diferente. Este concurso ven a dar un premio a voces diferentes, a voces novas que moitas veces teñen algo que dicir e o saben comunicar. Son unha gran polifonía de voces que conforman un todo espectacular. Creo que este ano os premios son moi xustos, con historias moi logradas, un inicio claro, todo ordenado e finais inesperados. Hai moitos universos propios e eso é o que hai que potenciar.

-¿Qué espera do futuro deste premio?

-Este premio ten moita vida e espero que continúe. Falarei coa concelleira de Cultura (Lidia Salgueiro), para que se recupere a revista. Antes se publicaban os traballos gañadores nela e se perdeu. Habería que recuperala para que estes traballos non caesen en saco roto.