Recitais de poesía, xadrez, cinema, música e a homenaxe popular lembran a Manuel María

Unha saída á fervenza da Freixa dará paso ás partidas simultáneas en Santa María - Curros Enríquez acollerá de tarde o acto central da xornada

17.05.2016 | 02:36
Manuel María.

O idioma é a forza/ que nos xungue e sostén/ ¡Se perdemos a fala/ non seremos ninguén!... As palabras de Manuel María soarán hoxe en distintos puntos do concello para conmemorar o Día das Letras, adicado neste 2016 ó poeta da Terra Chá.

A xornada comezará cuha saída á fervenza da Freixa, en Xeve e un recital de poemas de Manuel María e outros autores. Os participantes sairán ás 10.30 horas dende o centro sociocultural de Xeve, nunha actividade que dará paso ás 11 horas ó xadrez.

Na praza de Santa María celebraranse partidas simultáneas dende as 11 horas.

As actividades volverán a Xeve, neste caso á igrexa de Santa María, ás 19 horas co recital de homenanaxe a Manuel María coa poeta Eva Méndez do Roxo e actuación da Coral Airiños de Campañó.

Pola súa banda, o acto popular en homenaxe aó poeta celebrarase na praza de Curros Enríquez a partires das 19.30 horas. Haberá actuacións da Coral Polifónica de Sobradelo, da Banda de Música de Pontevedra e do Coro da Asociación Sociocultural O Burgo.

Tamén haberá poesía e intervencións dos organizadores e do alcalde.

Ás 20.15 horas principiará no Teatro Principal a proxección de "Patrimonio habitado", outra das actividades gratuitas da xornada.

Pola súa banda, o Pazo será escenario ás 20 horas do Concerto das Letras que ofrecerá a Banda de Salcedo, un dos colectivos que, como SondeXeve, os veciños de Santa María e do Burgo, a Escola Xadrez e o Cineclub Pontevedra, colaboran coa Concellería da Cultura para este programa do 17 de Maio.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine