Co afán darlle voz ás máis de 32.000 persoas que visitaron o Salón do Libro ao longo de 3 semanas, realizouse un ano máis un certame para premiar ó mellor centro desta XVII edición.

Logo de recontar case 1300 votos, dos que 122 resultaron ser nulos, o colexio Marcos da Portela con 138 papeletas foi o máis votado, segundo anunciou onte a organización. Ésta suliña que presentou "un traballo volumétrico que representaba diferentes ecosistemas e os bichos que neles habitan: Bicherío da costa, da horta e do bosque feitos con cartón cartulina, pasta e diferentes materiais acompañado de diferentes contos".

O segundo clasificado foi o CEIP Vilaverde Mourente con 118 e moi igualados o CEIP Xunqueira 1 con 105 e 102 do Santiago Apostol de Soutomaior.

Os traballos, na súa maioria maquetas acompañadas de libros, foron un total de 45. Todos os colexios recibiron votos por parte do público visitante, co que se pon en valor o traballo dos diferentes centros de ensino, aos que, un año máis, o Salón do Libro agradece a implicación eos esforzos que as comunidades escolares realizaron.