O Xabarín de Bora DJ pinchando na Sétima Feira deu a benvida ós clientes que se achegaron de mañá á Praza para facer a compra. Minutos despois a música continuaba na praza da Peregrina, neste caso da man de Tanto nos Ten e dende ese mediodía ata trece propostas se sucederon ó longo da xornada nun intenso Galegoterock.

Un ano máis, un grande número de entidades e asociacións colaboraron co concello para desenvolver este programa no que houbo propostas para todos, se ben se viu lixeiramente modificado polo mal tempo.

As sesións infantís tiveron que abrigarse na Casa da Luz pero non perderon alegría e na terraza da sidrería Montañés o ritmo correu a cargo de O Cadelo Lunático.

Davide Salvado tomou o relevo no Mercado mentras que na Cada da Luz celebrábase a sesión para nenos "Canta Contos".

No primeiro andar da cafetería Savoy déronse cita The Alley Stompers e Swing On Vigo, que deron paso a un xantar de luxo nos xardins do Parador co Tatán "Chapeu".

A tarde comenzou con Mike Grelo e Curmán no Grifón e unha despois O Diaño recibía a uns dos máis esperados, Poetarras... A so uns metros, en El Pequeño, relevounos Sokram, e de novo na Casa da Luz os nenos tiveron oportunidade de disfrutar dos contos de Falabaratas e o seu espectáculo "Xoana sen medo".

O concerto de Champurrada trasladouse ó cruceiro das Cinco Rúas, conde tamén actuou Familia Caamagno, nunha intensa xornada para festejar a música, os contos e o bo humor na nosa lingua.