| O debuxante e caricaturista Siro López presentou no Ateneo Santa Cecilia de Marín o seu último libro, "Castelao en el arte europeo", publicado no selo Duen de Bux. O Ateneo Santa Cecilia de Marín súmase así aos actos do Ano Castelao 2016 que conmemora o centenario da chegada do autor a Pontevedra, os 75 anos da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas que se lle dedicou o pasado mes de abril. Siro López (Ferrol, 1943) concibiu esta obra en castelán coa intención de dar a coñecer "fóra de Galicia" o legado do artista e ensaísta rianxeiro. Tamén analiza o diario que Castelao escribiu en 1921 sobre as súas viaxes.