Raxó acolle unha carreira pola lingua e os seus premios literarios polo Día das Letras Galegas

A escritora combarresa Tamara Andrés ofrecerá unha conferencia no día da homenaxe a Manuel María, que contará tamén con varias mostras sobre a súa obra e cun recital

14.05.2016 | 03:52
Agulla, Salgueiro, Sobral e Fernández, cos carteis dos actos. // Gustavo Santos

Poio prepárase para homenaxear a Manuel María polo Día das Letras Galegas cunha programación que terá como protagonista unha nova edición da Carreira Popular Pola Lingua en Raxó, así como o XXIV edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Ademáis tamén haberá exposicións e recitais poéticos sobre o poeta, narrador e dramaturgo protagonista neste ano, así como una conferencia da escritora combarrense Tamara Andrés y unha nova obra de treatro do PoioEscena.

O programa que, en palabras dos organizadores "é máis reivindicativo co uso do galego que lúdico", foi presentado onte polo alcalde, Luciano Sobral; as concelleiras de Cultura, de Educación e Deportes e de Benestar Social, Lidia Salgueiro, Marga Caldas e Rosa Fernández, respectivamente; e o membro da asociación coorganizadora dos actos a SCD Raxó, Xaquín Agulla.

Os actos centrais do programa terán lugar este martes, coincidindo co propio Día das Letras Galegas e arrancará ás 11 horas no peirao de Raxó coa carreira popular Pola Lingua, dirixida aos máis cativos e cun circuito circuito totalmente urbano, que constará de dúas voltas polo paseo marítimo e centro do lugar con saída e chegada no porto. Hai seis categorías, unha máis que en anos anteriores, dando resposta á demanda de boa parte dos participantes. Serán de 3 a 5 anos, 6 a 8 anos, 9 a 11 anos, 12 a 14 anos, 15 a 18 anos e Senior.

Os tres primeiros de cada cartegoría recibirán un trofeo, ademáis dun lote de libros do homenaxeado este ano. Ademáis todos os participantes recibirán a súa medalla conmemorativa. A amenización musical correrá a cargo da Escola de Música Tradicional.

Xa pola tarde, ás 17.30 horas, se celebrará no centro cultural Xaime Illa Couto unha charla-coferencia a cargo de Tamara Andrés, escritora e poetisa de Poio, que contará aos asistentes a súa experencia persoal.

Precisamente recordaba Agulla que a propia autora fora recoñecida no seu día co premio literario Xaime Illa Couto, "un bo síntoma de que a iniciativa é unha boa escola literaria", afirmou. Precisamente neste acto no que participará Andrés farase entrega dos premios do concurso e a lectura das obras premiadas polos gañadores, así como a clausura co himno galego.

Este luns e ata finais de mes poderase visitar unha exposición no Xaime Illa Couto, formada por 10 cartóns pluma sobre a vida e obra de Manuel María, cedida pola Secretaría de Normalización Lingüística da Xunta.

Os actos continuarán o 21 de maio no Xaime Illa ás 11.30 horas cos contacontos de Andrea Vázquez, mentras que ás 21 horas representarase "O de menos é o nome", unha nova obra do PoioEscena cargada de moito humor.

A programación pecharase con un recital poético sobre a figura de Manuel María, no Xaime Illa a partir das 20 horas, a cargo de Raúl Calvo e outros membros da Asociación de Escritores e Artistas Españoles. Nel tamén se abordará a obra de Miguel de Cervantes no 500 aniversario da súa morte.

Máis actividades

Trátase dun programa que xa esta en marcha e que se iniciou no IES de Poio o 29 de abril cunha mostra cedida pola Fundación Manuel María para a divulgación da obra deste autor. Ademáis nesta semana os nenos das unitarias de Poio visitaron a Casa Rosada para facer un traballo co poema "arco da vella" da obra de Manuel María "Os Soños da Gaiola", mentras que os maiores dos cursos de memoria tamén se achegarán a figura de María cos seus poemas máis autobiográficos e cun mural que se poderá ver no centro cultural.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine