O Galegote Rock, protagonista hoxe do Maio, mes da lingua

14.05.2016 | 03:52

O Maio mes da lingua terá hoxe ó Galegote Rock como protagonista de Maio mes da lingua. A música tamén estará presente Sétima Feira que sairá á rúa Serra (se o tempo acompaña, suliña a organización) e que na súa cuarta edición estará adicada á música.

A programación incluirá ás 11 horas a actuación Xabarín de Bora, na Sétima Feira; ás 12 de Tanto nos Ten na praza da Peregrina e a partir desa misma hora haberá unha sesión infantil de xogos na praza da Pedreira.

Ás 12.30 horas será o turno do Cadelo Lunático, na terraza da sidrería Montañés e ás 13 horas actuará Davide Salvado na Sétima Feira, neste caso no primeiro andar Mercado de Abastos.

Ás 13 horas haberá unha sesión infantil de canta contos, de Expresión Contacontos na praza da Pedreira.

Cambios polo mal tempo

A organización advirte que no caso de choiva os concertos previstos non se suspenderán senón que buscarán acubillo dentro dos locais indicados no programa, agás as sesións infantís, que se abrigarían na Casa da Luz; Alley Stompers e o baile de Lindy Hop, ás 14 horas nos Soportais e os concertos de Champurrada, ás 19 horas e de Familia Caamagno, ás 20, pasarían á Sala Karma.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine