Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Tamén na política Galicia é cada vez máis esperpéntica"

-Segue na política?

-Non, bueno, sigo porque son nacionalista, son do BNG que é o único partido nacionalista que existe, e ós feitos me remito, tamén nesto da política Galicia é cada vez máis esperpéntica.

-Qué lle parece hoxe a realidade política galega?

-O escenario é a maior gloria do Partido Popular, porque ver como se señorea na escena Podemos, un partido de catro líderes madrileños e que convirten en apéndice a un sector supostamente nacionalista pero en Galiza é penoso... Agora xa lles están decindo que se queren que se vaian, pois esto que o dixemos os demais non serviu de nada, e non haberá ninguén que diga ah, erramos, foi un mal camiño, supuxo a diminución do nacionalismo, convertilo en residual en Galicia e darlle pátina de entrada á idea de que é posible o hibridismo, cando o hibridismo consiste en que España manda, a ver se dunha vez se entende que o sucursalimo conduce a onde conduce, non por maldade senón porque si van a esas operacións é porque lles interesa o proceso español e non lles interesa que exista Galiza. Agora todo eso xa está clariño, xa non hai que facer a comedia do grupo parlamentario nin nada, iso si, o mal xa está feito.

Compartir el artículo

stats