Tres colectivos elaboran un manifesto "pola dignificación do noso idioma"

Celebrarán un acto en Marín co que reclaman "normalizar e recuperar o prestixio" do galego

11.05.2016 | 02:49

As asociacións culturais Queremos Galego Marín, Amigos da Cultura (Pontevedra) e Trabalingua (Vigo), con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, fan un chamamento "á dignificación do noso idioma, á súa normalización e á recuperación do seu prestixio," polo que elaboraron un Manifesto polo Idioma ao que darán lectura pública o próximo sábado 14 na Alameda Rosalía de Castro de Marín ás 12.00 horas, á beira do monumento a Rosalía de Castro.

Encargarase da lectura do manifesto Guillerme Ignacio Costas, compoñente do grupo folk "Quempallou", investigador da música tradicional, mestre e veciño de Cela. Contarán tamén coas intervencións do grupo de música tradicional "Trubincos do Batán" e as intervencións poéticas de "Trabalingua".

"Somos conscientes da situación de debilidade na que se atopa o noso idioma, mais temos confianza no noso pobo e cremos nun futuro próspero para o galego, nunha Galiza sen complexos onde se poida traballar, estudar e vivir na nosa lingua", expoñen os convocantes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine