A Asociación Maio Longo organiza a presentación do libro de Francisco Rodríguez "Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza". Celebrarase mañá ás 20.30 horas na Casa da Luz e contará coas intervencións de Xosé Abilleira, presidente do colectivo organizador, e do autor.

Mailo Longo suliña que trátase dun libro "fundamental na historia moderna do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país". Publicouse por primeira vez en 1976, supuxo un fito no diagnóstico dos problemas do galego e aparece agora a quinta edición, ampliada con distintas análises.