A XXIV edición do Concurso Literario Xaime Illa premiou nas diferentes categorías de relato a Hugo Ferrer, Laura I. Casalderrey, Sara Albar, Gonzalo Sanmartín, Nicol Alexandra Chan e Santiago José Cruz. Nas de poesía, os galardonados foron Alejandro Alonso, Adrián Besada, Gonzalo Sanmartín, Carmen Ansín e Rocío Leira. O certame recibiu 72 traballos, para as categorías, divididas por idades, dende os 6 anos ata os 18 ou máis. A presidente do certame, Lidia Salgueiro, agradeceu a participación de todos.