Suscriptor
Crónicas do Teatro no Morrazo

Apontamentos sobre o teatro en Marín (I)

A proximidade da vila con Pontevedra capital e a liña de tranvía explicarían a menor actividade teatral na vila

08.05.2016 | 05:54

Desde que en Cangas se normalizou o transporte de ria cara a 1910, contando con vapores e horarios estables, houbo xa voces que demandaban, sen conseguilo, que o seu retorno desde Vigo se axeitase ao horario de saída dos espectáculos. Porén, Marín no había ter este problema pois os seis quilómetros que separaban esta vila da capital estiveron cubertos por unha liña de tranvía desde 1889 que axeitaba, ademáis, os seus traxectos aos horarios dos espectáculos en Pontevedra. Esta circunstancia e a proximidade coa capital serían factores que explican a menor actividade teatral que se deu na vila marinense. O investigador Xerardo Dasairas destaca nestas novas "Crónicas" do teatro no Morrazo", referidas a Marín, as primeiras representacións teatrais neste municipio onde localiza en 1892 unha Compañía de Afeccionados. Na vila existía un pequeno teatro na rúa Montero Ríos e tamén os chamados cafés frívolos ao ser un dos portos de importancia na península. Coordinadas polo director teatral e da Revista Galega de Teatro (RGT), Antón Lamapereira, as "Crónicas" amosan ao longo de varios capítulos o dinamismo teatral da comarca do Morrazo.

Na vila marinense podemos localizar en 1892 unha denominada Compañía de Afeccionados de Marín que mesmo...

Hazte suscriptor

Para continuar leyendo... suscr�bete Suscr�bete si a�n no eres suscriptor

O utiliza un bono de los todav�a que tienes pendientes aquí
0.5 euros
3.99 euros
Consulta otros tipos de suscripción »
Teléfono de atención al cliente: 902 767 117 Correo electrónico Preguntas Frecuentes
Enlaces recomendados: Premios Cine