O Pazo da Cultura acollerá hoxe a partir das 17 horas, o concurso musical e a entrega de premios do certame Ben Veñas, Maio que organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega dos IES e CIFP públicos de Pontevedra, coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.

O acto comezará coas actuacións dos sete grupos que participan no certame musical: Trío sen nome, Os Canis da Patagonia (do IES Valle Inclán), Stock (do IES Luís Seoane), Pan Mollado (do IES Valle Inclán), The Nowhermans, Faísca e Sofía Contés Estévez (do IES Sanchez Cantón).