Francisco Castro presentou no Museo Manuel Torres de Marín o seu libro "Amor é unha palabra como calquera outra". Editada por Galaxia, nesta obra o autor vigués fala da vida dunha moza arredor do amor, do seu amor real, soñado ou idealizado.