Guillermo Martínez é bodegueiro en Vilaboa. Presidente dos viticultores de esta localidade, leva moitos anos loitando por acadar un selo de calidade para os viños da comarca que está moi preto de ser unha realidade coa Denominación Xeográfica Protexida. Martínez tamén preside a Federación Provincial de Furanchos de Pontevedra e explica que o mundo dos "loureiros" mudou moito nos últimos anos.

-¿Despois da publicación do decreto da Xunta, a maioría destos locales están xa regularizados?

-A situación está encauzada totalmente gracias ao decreto que logo algúns concellos perfeccionaron en melloraron. Están as once tapas que estipula o decreto e que logo, en función das preferencias dos propios colleiteiros, cada Concello elixe seis, cinco fixas e unha opcional, para que se poida variar un pouquiño.

-¿Cales son os concellos máis "furancheiros"?

-Os máis potentes son aqueles que coinciden co territorio da Denominación Xeográfica Protexida. É dicir, O Morrazo xunto con Pontevedra, Poio, Vilaboa, Redondela..., algún en Soutomaior...

-¿Esto dos furanchos é tradición ou negocio?

-Pois as dúas cousas. A idea era poder vender os excendentes do viño antes de preparar a bodega para a próxima colleita pero é certo que agora mesmo xa se escoitan moitos comentarios de que se subiron á parra no tema da comida. O que é certo é que o furancho xa non é aquelo de antes que lle dicías ao bodeguero "eu levo a tortilla ou un marisquiño e ti posme o viño". A figura do furancho era esa, pero bueno, as tradicións mudan...

-¿Agora hai moitos máis que antes¿

-Moitísimos máis.

-¿E a xente cumple as normas establecidas no decreto?

-Nunca hai regla sen excepción. Téñenme dito que ainda hai algún que vai por libre, pero o 90% opera cumplindo as normas. Eu son dos que cree, e a maioría pensa o mesmo, que a xente non quere problemas e tampouco lle compensa telos. Eu creo que non hai moitos que anden por fora da norma.

-Supoño que os furanchos tamén dependen moito da colleita, ¿como foi a do ano pasado?

-Pois foi unha colleita interesante. Aínda que a do anterior igual foi de mellor calidad, a deste ano tamén foi boa en cantidade e calidade.

-¿Son moi distintos os tipos de viño que se serven nos furanchos dependendo dos distintos concellos?

-Básicamente son moi similares porque as variades son as mesmas. Eu refírome básicamente as variedades de aquí de Vilaboa, onde temos tres planes de producción de viñedos e as castes autóctonas son as que prevalecen.

-¿Cómo chega a xente aos furanchos? ¿cómo se promocionan?

-Polo peteiro. O boca a boca é fundamental e é o que funciona para que haxa furanchos de maior cartel que outros, por así decilo.