O Día das Letras Galegas deste 2016 está adicado á figura do poeta de Outeiro de Rei Manuel María e, con tal motivo, a Asociación Queremos Galego Marín quere sumarse ás distintas homenaxes que terán lugar nestes meses por todo o país, facéndolle o seu particular tributo o 20 de abril cun concerto de "Mini e Mero". Neste concerto que terá lugar a partir das 20. 00 horas na biblioteca de Marín, o dúo "Mini e Mero" percorrerá a obra de Manuel María poñéndolle música a moitas das súas poesías.