"Selvática Profunda" é o nome da recreación dos escenarios con clima tropical que Ledicia Costas fixo no seu libro "As aventuras de Extravaganzza Pérez", no que está ambientado este ano todo o decorado do Salón. Pero, como lembran os organizadores desta cita co libro, non é un espazo común senón que "está feito a base texturas, relevo, alturas, rotulacións en braille e unha voz feminina que le o conto para que todo o mundo que visite este peculiar espazo poida escoitalo".

A escola de tempo libre Paspallás e á Once colaboraron para que os nenos con deficiencia visual tiveran tamén a oportunidad de "mergullarse nas aventuras que lles ofrece a lectura e coñecer á protagonista do noso libro, ao insecto folla, visitar zonas con vexetación diversa, etc", suliñan as mesmas fontes.

Éstos destacan que ademais da adaptación de Selvática, tamén se utilizaron os textos iluminados e a transcripción. "Os textos iluminados combinan a tinta e o braille, co obxectivo de que todo o mundo que colla un libro poida lelo e, por este mesmo motivo, fíxose a transcripción de "As aventuras de Extravaganzza Pérez" ao braille, dispoñible na zona de biblioteca do Salón para todos aqueles usuarios que queiran consultalo".

Pero as persoas cegas ou con deficiencias visuais non son as únicas con capacidades diferentes convidadas ó Salón. Éste recibiu a visita do Centro de Ensinanza Bata-Os Mecos, adicado ó tratamento do autismo, e tamén de integrantes do colectivo Amencer Aspace, que agrupa a persoas con parálise cerebral.

Este colectivo o colectivo fixo partícipes ós visitantes do Salón do "conto vivenciado" que os seus integrantes prepararon e interpretaron, "e no que primaron as sensacións, texturas, e sentimentos ao estar protagonizado por un oso que buscaba abrazos", indican os responsables do programa cultural.

Non menos éxito tivo unha singular colaboradora do Salón, a cadeliña Maga. Neste sentido, os organizadores indican que "un dos principais motivos da celebración do Salón do Libro, e o fomento e á animación á lectura. Nesta edición, non quixemos deixar pasar a oportunidade de poder facelo incluíndo actividades novidosas como a levada a cabo por PsicoCan, un equipo multidisciplinar que traballa para achegar a terapia e educación asistida con animais ao ámbito clínico, educacional e social".

No seu obradoiro de lectura con cans, a cadeliña "Maga" axudou aos rapaces a superar os seus problemas de comprensión lectora.

Maga acompañou ós pequenos durante o tempo que durou un recital individual en voz alta "e tamén nunha posterior rolda de preguntas para avaliar a memoria, atención e comprensión lectora dos nenos e nenas na que se levaron a cabo divertidos xogos e dinámicas".

O Salón, que vive de novo esta fin de semana días de máximo afluencia, proporá hoxe os obradoiros Naturezas efímeras, Casiñas de paxaros ou Animais de relevo, entre outros. Ás 18.30 horas comezará a obra "Roedores" de Redrum Teatro e non faltarán varias sesións de contacontos pensados para todas as familias e os seus nenos.