Sons Miúdos, o maior espectáculo da música infantil galega, chega esta fin de semana a Pontevedra e Narón. Esta montaxe producida por Urdime reúne sobre o escenario aos principais arstas do panorama infantil galego poderá verse o vindeiro sábado, día16, no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 17:30 horas.

Sons Miudos busca evidenciar a riqueza do panorama musical galego pensado para os nenos. Con este fin subirán ó escenario Ana Senlle de María Fumaça, Magín Blanco de A Nena e o Grilo, Paco Nogueiras deBrinca Vai!, Gloria Mosquera de Mamá Cabra, Xoán Curiel de Estamos no verán e Pablo Díaz de Tic-Tac.

O concerto para nenos, dunha hora e media de duración, xunta música e teatro.

Será presentado por Montse Piñón e Pepablo Paño de Ghazafelhos e acompañado polos instrumenstas do Cuarteto dos Sons Miúdos - Javier Constenla, Brais das Hortas, Carlos Freire e Pablo Vidal.