Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Organiza o certame escolar de verán "Refréscate cos libros"

Xa pensando no verán, a Concellería de Cultura convoca aos colexios de Marín ao concurso "Refréscate cos libros". Será a IV edición do Certame de Narración na tempada vacacional.

Poderán participar todos os alumnos de Primaria dos colexios de Marín. Neste caso o tema a desenrolar estará relacionado cos libros e o verán.

4. Os traballos de narrativa deberán ter unha extensión máxima de dúas páxinas e estarán escritos en galego por unha soa cara. Cada centro educativo poderá facer unha preselección de traballos a presentar.

Establécense tres categorías a tres modalidades, repartidas entre os ciclos de Primaria.

Neste caso os premios consistirán en cheques por valor da totalidade da compra dos libros de texto do curso escolar (no primeiro premio), por valor da metade da compra dos libros de texto do curso escolar (segundo premio), ou cheque por valor do material escolar do curso escolar (terceiro premio). Todos os traballos deberán ser enviados ao Museo Municipal de Marín antes do 10 de xuño.

Compartir el artículo

stats