Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cultura convoca os premios de Narración Curta e de Contos

O certame para adultos está dotado con mil euros -Os nenos recibirán material escolar

Co galo do Día das Letras Galegas o Concello de Marín, como cada dous anos, convoca o certame XIV Premio de Narración Curta Concello de Marín, no que poderán concorrer todos os autores que o desexen. Cómpre que os traballos presentados sexan escritos en lingua galega, orixinais e inéditos. A temática será libre e deben ter unha extensión limitada entre cinco e dez páxinas.

Os autores só poderán presentar no Concello de Marín cadanseu traballo e farano por cuádruplo (catro copias do relato). Remitiranse sen nome do autor, acompañados dunha plica na que se indique na súa parte exterior un lema que tamén figurará na primeira folla.

Os relatos presentaranse antes das 13.00 horas do día 22 de abril. Hanse de remitir a Comisión de Cultura do Concello de Marín, indicando no sobre o título do concurso.

Premio

Concederase un único premio de mil euros ao que se lle aplicará a retención prevista na normativa (21%).

O autor se compromete a acudir ao Concello de Marín para recoller o premio o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dentro dos actos organizados por mor do exaltación de lingua de Galicia.

O Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou parcialmente o traballo premiado e se os traballos que presentaren non reuniren a suficiente calidade, o xurado proporá declarar deserto o premio.

Por outra banda, a Concellería de Cultura, co galo de dar un pulo á creatividade e a comprensión escrita dos rapaces na súa propia lingua, convoca o XIV Premio de Narración Curta (Contos) para Escolares Concello de Marín, dirixido ao alumnado que cursa seus estudos de Primaria e de Primeiro e Segundo da ESO nos centros de ensino de Marín.

Escolares

Poderán participar todos os escolares dos centros de ensino do municipio que cursen estes ciclos. Os traballos deben ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega cunha extensión máxima de tres páxinas.

O prazo de admisión pecharase ás 14.00 horas do día 22 de abril e cada centro escolar poderá presentar, como máximo, tres traballos por categoría.

Haberá catro categorías, as tres primeiras de Educación Primaria: (lº e 2º curso; 3º e 4º curso; e 5º e 6º curso), e a cuarta categoría para a ESO (1º e 2º cursos).

O xurado concederá tres premios por categoría, consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría.

A dirección de cada centro escolar acompañará os traballos que presenten dentro dun sobre pechado cunha plica onde se indique nome e apelidos de cada participante, título do traballo que presenta, idade e curso.

Convocaranse aos gañadores para recolleren os seus premios ás 12.00 horas do Día das Letras Galegas, 17 de maio.

Compartir el artículo

stats