Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Andrés Torres Queiruga: "Temos que recuperar a Deus, reconquistalo das deformacións da historia"

O teólogo galego disertará mañá no Principal sobre "O sacramento do perdón"

O teólogo Andrés Torres Queiruga. // Rafa Vázquez

"A miña preocupación grande", explica Torres Queiruga a propósito do relatorio que ofrecerá mañá en Pontevedra, "é que un dos sacramentos máis bonitos é o do perdón, pero é tamén o máis distorsionado, porque o que é realmente unha celebración da gratuidade converteuse nun xuizo e realmente deformase todo o estatuto evanxélico. Cando un pensa en Xesús de Nazaret, na parábola do fillo pródigo ou no episodio da muller adúltera, vese que Xesús nunca culpabiliza, nunca escarabella na conciencia dos demais, él ofrece perdón incondicional. E eso é que o hai que celebrar no sacramento da penitencia e non converter o confesionario nun xuizo, é unha tremenda deformación histórica"

-Critica que o confesionario chegou a converterse nun Santo Oficio

-Claro, dalgunha maneira (sorrí) sobre todo no control da conciencia, por eso este Papa, que non fai teoloxías abstractas pero ten un sentido enorme dos valores evanxélicos está insistindo na misericordia incondicional de Deus e por eso estableceu o ano da misericordia. Nese sentido a conferencia une ambos temas, a preocupación por renovar a teoría dos sacramentos e éste que é moi bonito e co que quero unirme un pouco a esta campaña do Papa que quere anunciar un rostro de Deus que é puro amor e pura misericordia, nada de castigos, nada de xuizos.

-¿Temos que perdoar máis e perdoarnos máis?

-Claro, non se pode crer no perdón de Deus se nós non aprendemos a perdoar, pero como ben di, tamén a nós mesmos e tamén ós demaís.

-Pois non é un tema doado

-Realmente, claro, porque mezclanse uns certos temas de autodefensa e de xustiza, por eso o perdón esixe moita gratuitade. A Xesús fanlle a pregunta cántas veces perdoa Deus? Son sete? E Xesús di 70 veces 7, sempre, Xesús foi nese sentido un gran desculpabilizador da historia e a pena foi que para moitos ó longo da historia, non todos pero si para moitos, o evanxelio converteuse nun gran culpabilizador e eso é unha pena porque é unha deformación radical. Pero si que é difícil, claro, incluso frente ás nosas reaccións espontáneas, o tema da vinganza, da xustiza, está moi enraizada porque ten algo de san tamén, na vida tamén hai que defenderse dos ataques, pero cando entramos no terreo da cultura e sobre todo no terreo persoal é cando somos capaces de superar o instinto e convertelo en perdón, é unha gran conquista da humanidade.

-Propón unha deconstrucción histórica da idea de Deus

-Si, unha auténtica deconstrucción histórica de moitísimas cousas que se foron acumulando sobre a idea de Deus. Hai unha famosa pasaxe dun filósofo xudeu, relata unha anécdota real, que está falando cun amigo que é ateo que se enfada se él fala de Deus, enton dille efectivamente, Deus é a palabra máis maltratada, máis machacada, máis chea de la lama da historia, pero realmente esa é unha deformación e nós hoxe temos a obriga de levantar esa palabra e mostrar o seu brillo. E eso é o que ten que ser unha auténtica teoloxía e una relectura dos evanxeos, volvendo ó impacto orixinal, que non é tan difícil se un asume de corazón a lectura do Evanxeo, sobre todo se un está atento ó que fai Xesús, a como se porta cos demais, non resulta difícil entrar en contacto con esa pureza. Pero logo viñeron as deformacións históricas, as maneiras de interpretalo, as predicacións non actualizadas, que deforman a imaxe de Deus, por eso a min me gusta moito falar sempre do Deus de Xesús, que temos que estar constantemente intentando recuperalo, temos que recuperalo, reconquistalo das deformacións que se lle foron pegando ó longo da historia.

-Aínda queda espacio para a fe?

-Moita, para min é o tesouro máis precioso cando un o descobre pero indudablemente que ten que ser unha fe crítica, unha fe que ten que ser capaz de romper todas estas deformacións e chegar á experiencia orixinal, que no fondo e sinxelisima: un Deus que nos crea por amor e non pensa máis que en facer ben. Abonda con ver a parábola do fillo pródigo, que é unha parábola pero era como Xesús ve a Deus. A ofensa maior que podías facer nunha sociedade patriarcal como aquela era que un neno antes de tempo lle pedise a herdanza ó pai, incluso podía ser condeado a morte, pero o pai respeta a decisión do fillo e cando él recapacita porque xa non ten nin que comer di vou volver con me pai e que me trate como un criado, él converteu ó pai en xuiz, pero cando chega o seu pai estao esperando e non interroga nada, simplemente abrazao e fai festa porque di que ese fillo estaba perdido, o único que lle preocupaba ao pai era o sufrimento e a desgraza do fillo, pois eso é milésimamente o que lle pasa a Deus con nós. A Deus so lle interesa a felicidade humana, como sexa, o que quere é que sexamos felices, por eso ás veces digo que Xesús estaba borracho da misericordia de Deus, porque ve que Deus porque é amor se preocupa dos que o pasan mal, dos que sofren, dos descartados como lles chama o noso Papa, que é outro que penso que está borracho da misericordia de Deus, por eso sempre fala de desgrazas. Ve como este Papa cambiou a predicación? En vez de estar falando de sexo ou cousas así fala da miseria humana, do sufrimento dos homes, e como somos crentes en Deus nos preocupamos polo sufrimento dos demais.

-Hoxe que falamos de perdón... Xa esqueceu aquela recriminación dos bispos?

-(risas), Bueno (risas), foi un grupiño, sempre digo que non foron os bispos, son un grupiño que aínda ahí siguen dando a lata; acaban de sacar en Madrid unha cousa sobre o tema da homosexualidade que no fondo vai contra o Papa, é un grupiño que están ahí enquistados, unha mala herencia dos pontificados pasados e dos últimos presidentes da Conferencia Episcopal Española. Pero, mire, eu entendoos, teñen mentalidades que les costa...Foron formados nunha mentalidade moi escolástica, moi cerrada e dogmática e son incapaces de comprender o novo, por eso é bo intentar comprender, porque se un comprende tamén pode perdoar.

Compartir el artículo

stats