"Tivemos familias enteiras de Ourense, de Cambados ou do Salnés, entre outras comarcas", suliñaba a concelleira de Cultura a propósito do primeiro fin de semana do Salón do Libro, que convocou a miles de persoas no Pazo. "Estamos moi satisfeitos", recoñeceu a propósito dunha cita que o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, sinalou tamén como "un claro referente" na cultura galega.

Tras o intenso arranque, o Salón recibiu onte ós centros de ensino. Pero non só os nenos e as súas familias son protagonistas senón tamén destacados artistas galegos, caso de Andrea Bayer, Ánxeles Cuña e Nate Borrajo, as tres únicaas candidatas da comunicade que optan aos Premios Max.

A organización lembra que "Andrea Bayer¡, que xa estivo quecendo motores os días previos ao Salón "merendando contos" nas librarías co seu "Bechiños e contiños" acompañada dos máis pequenos da casa, continuará levando a cabo o contacontos no Pazo da Cultura durante as visitas de escolares e tamén o día 23 de abril nunha sesión aberta a todo o público. Nate Borrajo, pola súa parte, ofrecerá tamén o domingo 9 o seu contacontos "Mira ben onde pisas" dirixido a un público familiar".

Pola súa banda, Ángeles Cuña, de Sarabela Teatro, participará hoxe no Salón. A compañía galega subirá ás 18h30 ás táboas do escenario do auditorio do Pazo para representar ante os nenos "O último dragón".

As mismas fontes destacan que se trata dunha peza teatral que trata sobre o único dragón vivo da súa especie. "O público que acuda ao espectáculo mergullarase de cheo no mundo do neno Telmo e de Celia, unha princesa moi peculiar e hábil coa espada que se nega en rotundo a seguir o camiño que seguen o resto de princesas e ter que ser rescatada por un príncipe".

Ánxeles Cuña é candidata a facerse co galardón na categoría Mellor Adaptación ou Versión Teatral por "Ensayo sobre la ceguera"; Nate Borrajo está nominada na categoría de Mellor Actriz de Reparto por esta mesma obra e Andrea Bayer opta á Mellor Autoría Teatral por "Luppo", de Baobab Teatro. O resultado coñecerase nunha gala que se celebrará o próximo 25 de abril en Madrid, dous días despois de que o XVII Salón do Libro poña o seu broche final a esta edición.

O teatro non será hoxe a única oferta do Salón. Así, ás 17.30 hroas comezará o obradoiro "Érase unha vez un bicho", que impartirá Ceo Aberto.

Neste obradoiro recrearase unha escena de Exravaganzza Pérez, a persoaxe da escritora Ledicia Costas que é unha das protagonistas desta edición do Salón.

Tamén se celebrará ás 18 horas a sesión de contacontos "A viaxe das bolboretas" e "Eu non fun", que dará paso media hora máis tarde ó espectáculo de Sarabela Teatro. Éste diríxese a nenos a partir de 5 anos e as entradas están á venta ó prezo de 3 euros.

Mañá o Salón continuará cun obradoiro no que os nenos traballarán coa imaxe e o movemento e co contacontos "o coelliño branco".