| O obradoiro "Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga", ás 17.30 horas, abrirá hoxe o programa do Salón do Libro. "Coñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos", expón. É unha actividade para nenos a partir de 8 anos con prazas limitadas a 24. Ás 18:00 horas comenzará o contacontos "Algo está pasando en Ilusión Ártica", con entrada libre.