Máis de tres semanas para gozar da bichería

A XVII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil somerxe aos nenos no mundo de Extravaganzza Pérez

02.04.2016 | 11:19

O Salón do Libro de Pontevedra abriu onte as súas portas a un programa que ata o 23 de abril ofrecerá contacontos, teatro, música e, sobre todo, moitas historias. O Pazo da Cultura acolle a cita coa cultura, que ese ano está inspirada no primeiro libro da súa colección, o escrito por Ledicia Costas "As peripecias de Extravaganzza Pérez". O primeiro día incluíu actividades de mañá para os escolares e de tarde para o público en xeral. A entrada ao Salón é libre e esta fin de semana pódese visitar en horario de mañá e tarde, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.

"Vén ao Salón. Entrarás nun conto". Dúcias de pegatinas pasan por riba do Lérez sobre o chan da Ponte de Santiago cara o Pazo da Cultura. Amosan, con divertidos animaliños, o camiño cara un dos lugares máis máxicos onde a imaxinación é os nenos son os protagonistas cada ano. É o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que onte abriu as portas da súa XVII edición baixo o título "Canta Bichería!".

Ata o 23 de abril, literatura, contacontos, teatro, música, danza e obradoiros formarán parte dunha programación que, con entrada libre, somerxerá ao público no mundo da nena Extravaganzza Pérez.

Os rapaces do CEIP de Castrelo de Cambados foron os privilexiados en poñer onte os pés en primeiro lugar no Pazo da Cultura ao asistir na quenda de mañá ás actividades para escolares. Xunto a eles tamén estiveron os doutros centros, centos de rapaces que coñeceron de primeira man tanto a ambientación como as exposicións e actividades que este ano se inspiran no libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", da escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Trátase da primeira publicación dunha colección creada expresamente para o Salón.

O túnel que dá entrada ao espazo está, como o resto das instalacións nesta edición, cheo de animaliños como xoaniñas, insectos ou tartarugas. É un preludio do que os nenos van atopar no interior do Salón do Libro.

Unha casa e un mapa

Como non podía ser doutro xeito, Extravaganzza está tan presente que ata a súa casa permite intereactuar aos nenos. E moi preto dela, atópase o mapa que a nena consulta durante as súas aventuras no libro.

"Nocturnia", un dos espazos pechados para acoller sesións de contacontos, e "Selvática profunda", no que o público pode poñerse na pel das persoas invidentes, foron dos máis visitados xa no primeiro día do XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Pero no Pazo da Cultura estes días tamén hay exposicións, un mural para que os nenos poidan pintar, un dominó xigante con bechos, unha bebeteca, unha sala de merenda e, por suposto, unha biblioteca con milleiros de contos e libros en varios idiomas.

Un espectáculo de teatro musical baseado na publicación de Ledicia Costas e conducido por María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz foi o primeiro da edición deste ano.

Tras el, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, agradeceu aos asistentes que "seguisen crendo no proxecto". No acto, o lobo Orbil, mascota oficial do Salón, fixo entrega a Ledicia Costas dunha caricatura dela mesma realizada polo ilustrador Kiko da Silva.

O Salón do Libro pódese visitar ata o 23 de abril de 17 a 20 horas de luns a venres e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas as fins de semana e días festivos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine