A RAGBA celebra hoxe no Museo o acto do Día das Letras Galegas adicado a Castelao

A cerimonia, á que asistirá Feijóo, dará paso á apertura da exposición con 96 obras dó creador

01.04.2016 | 02:57

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá hoxe no Museo o acto conmemorativo no Día das Artes Galegas 2016. A cerimonia comezará ás 19 horas e á misma asistirán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, entre outras autoridades.

O presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e outros académicos recibirán ás autoridades á chegada ó acto, que presentará actriz Uxía Blanco e contará co acompañamento musical da Coral Polifónica de Pontevedra.

Quintana Martelo, a académica María Victoria Carballo Calero, os presidentes da Xunta e a Deputación e o alcalde intervirán no acto, que dará paso á inauguración da exposición adicada ó Casteao artista.

O obxectivo do Día das Letras Galegas 2016 é, indica a RAGBA, "afondar e difundir a figura de Castelao como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante e pintor".

Así, a institució n que preside Quintana Martelo fai unha chamada de atención a todos os creadores, especialmente a colectivos da ensinanza e da cultura, para que "retomen e difundan a obra de Castelao coa conseguinte significación no seu contexto, así como a súa contribución á historia da arte e da cultura".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine