Os opositores a fusión de Cerdedo e Cotobade táchana de "insulto á democracia e á intelixencia cidadá"

Sinalan que o informe da Secretaría do Concello contra a unión "é demoledor" -Din que os veciños terán máis carga impositiva

25.03.2016 | 02:50
O alcalde Jorge Cubela nunha reunión cos veciños de Cotobade para expoñerlles a fusión. // FdV

Os membros da Plataforma Non a Fusión Cerdedo-Cotobade sinalan que, "feita a lectura do expediente de fusión, tristemente constatamos o que xa amosaba ser un insulto á democracia e á intelixencia cidadá ao tratarse duns documentos pobres en contido, carentes de estudos económicos e técnicos que xustifiquen o proceso e feitos sen orden".

Para respaldar a súa afirmación, referíronse ao informe certificativo da Secretaría do Concello de Cotobade do que din que resulta "demoledor", xa que no de Cerdedo "nin aparece, xa que de xeito textual di que o informe xustificativo ven asinado pola Alcaldía sen que conste aval técnico que confirme a vixencia e exactitude dos datos que se incorporan, nen a sustentabilidade financieira da fusión e memoria xustificativa de que a alteración non mingua a solvencia dos municipios a que afectan".

Tamén sinalan que "no expediente aparecen aspectos económicos do ano 2014 e o secretario de Cotobade tamén deixa claro que "non consta aval técnico que confirme a exactitude e vixencia dos datos que se incorporan". Tendo en conta que o Concello de Cotobade ten interventor e o de Cerdedo ten secretario-interventor a Plataforma di non entender "por qué non fixeron os informes económicos oportunos e que estos vaian adxuntos ao expediente".

Impostos

Sobre que pasará cos impostos que se apliquen na entidades resultantes da fusión, os integrantes da Plataforma sinalan que que o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, na reunión que mantivo con eles esta semana advertiulles que "en canto aos impostos, o expediente recolle que se regula polo artigo 13 da Lei de Bases de Réxime Local. Na aplicación deste artigo da Lei Montoro que di que o esforzo fiscal no novo municipio resultante non poderá ser inferior ao máis elevado dos valores fiscais de cada municipio por separado antes da fusión. É dicir, que os veciños de Cotobade pasarán a contar cunha maior carga impositiva ao ser Cerdedo o municipio de maiores impostos".

Por todo isto, os membros da Plataforma Non a Fusión Cerdedo-Cotobade consideran que "tantas son as contradiccións e as burdas mentiras para xustificar este artificial proceso que os veciños e veciñas que a integramos vémonos na obriga moral de non só trasladar estas inquedanzas aos responsables dos concellos limítrofes afectados, senón que tamén anunciamos a solicitude dunha reunión tanto a Cubela, como alcalde de Cotobade, coma a Balseiros, de Cerdedo, para que no las expliquen. Esperamos con ser recibidos".

Sen resposta

Polo de agora seguen sen recibir respostas dos rexidores de ambos os dous concellos, e manteñen a sua intención de manter xuntanzas cos alcaldes dos concellos limítrofes, como foi a caso de Ponte Caldelas e Forcarei.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine