A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará o vindeiro 1 de abril no Museo de Pontevedra a cerimonia de homenaxearáa Castelao no Día das Artes Galegas 2016.

O sexto edificio será escenario do acto, que comezará ás 19 horas. de seguido abrirase a exposición "Castelao Artista". Tratase dunha das mostras centrais do ano na institución cultural, onde poderá verse ata finais do verán.

Non será a única das exposicións previstas no Ano Castelao xa que a Diputación busca xuntar en Pontevedra nos vindeiros meses a práctica totalidade da obra de gran formato de Castelao. Sumada ós fondos do Museo, depositario do principal legado do artista e político, será unha oportunidade única de afondar no traballo deste autor decisivo na historia da arte e da política galega.

A RAGBA celebrou o 27 de xuño de 2015 unha sesión ordinaria na súa sede da Coruña na que decidiu, "por aclamación", lembran os seus integrantes, adicar o Día das Artes Galegas 2016 a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (nacido en Rianxo en 1886 e falecido en Buenos Aires en1950), "nunha proposta suscrita polos académicos numerarios da institución, a Federación Galiza Cultura, o Clube de Prensa".

O obxecto da iniciativa, engaden, "é afondar e difundir a figura de Castelao como teórico da arte, creador, diseñador, caricaturista, debuxante e pintor".

A Academia fai unha chamada de atención a todos os creadores e especialmente a colectivos ligados á ensinanza e da cultura para que "retomen e difundan a obra de Castelao coa conseguinte significación no seu contexto, así como a súa contribución á historia da arte e da cultura".

A elección de Castelao como protagonista do "Día das Artes Galegas 2016" está avaliada, enganden, "polo esforzo teórico e as achegas creativas de Castelao para a dignificación de Galicia e as súas formas de expresión a través da súa obra, do Seminario de Estudos Galegos, do grupo Nós, ou mesmo no seu papel como exiliado".

A RAGBA ten programados varios actos para os vindeiros día 1 en Pontevedra e Rianxo, localidades de adopción e natal de Castelao, respectivamente, celebracións que se publicitan co cartel (na imaxe) deseñado polo académico numerario da sección de artes da imaxe, Xosé Díaz Arias de Castro.

Tras a cerimonia en Pontevedra (coa que tamén se busca suliñar que se cumple neste ano un século da chegada de Castelao á cidade do Lérez), ó día seguinte celebrarase en Rianxo un acto solemne e público no teatro do Auditorio Municipal, ademais dunha conferencia do ilustrador e debuxante Miguelanxo Padro sobre a traxectoria artística do creador.