...    
Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sánchez Aríns dá o salto á narrativa con "Seique"

A escritora arousana presentou en Marín a súa nova obra, na que mestura varios xéneros

Susana Sánchez Aríns. // S.A.

A escritora Susana Sánchez Aríns presentou en Marín o seu último libro "Seique", nun acto organizado pola Asociación Queremos Galego dentro da súa sección O Tiraverbas.

Susana Sánchez Aríns é de Vilagarcía de Arousa, licenciada en filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa pola Universidade de Compostela. Publicara ata o momento tres libros de poesía: [de]construçom; Aquilatadas; e A noiva e o navio.

Con "Seique", a autora, dá o salto á narrativa e faino cun libro que tal como di a súa capa non é un poemario, non é un romance, non é un ensaio, non é unha pesquisa histórica. Porén "Seique" recolle algunha cousa de cada un deses xéneros.

Seique nace dunha estoria de vida insignificante, anónima, para abordar unha reflexión sobre a desmemoria e as maneiras de construír a historia.

Seique -según se explicou na presentación en Marín- é un conxunto de diálogos ou conversas, relatos curtos, poemas, contos, anacos de coplas populares, refráns, sentenzas que tratan a temática da memoria histórica reconstruíndo unha historia familiar sobre a represión franquista.

O acto foi presentado por Enriqueta Otero e desenvolveuse no Museo Manuel Torres de Marín con moita afluencia de público.

Compartir el artículo

stats