A Asociación Queremos Galego Marín presenta hoxe, dentro da súa sección o Tiraverbas, o novo libro da escritora de Vilagarcía de Arousa Susana Sánchez Aríns, "Seique". Trátase dun conxunto de diálogos ou conversas, relatos curtos, poemas, contos, anacos de coplas populares, refráns, sentenzas que tratan a temática da memoria histórica reconstruíndo unha historia familiar sobre a represión franquista. O acto, aberto a todas as persoas interesadas, terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín, a partir das 20.00 horas.