Os Venres do Ateneo recibe a Airiños

A asociación cultural convoca asemblea para expoñer o novo programa

17.03.2016 | 03:09
O grupo folclórico Airiños de San Xulián de Marín. // S.A.

O grupo folclórico Airiños de San Xulián protagonizará a actuación deste vindeiro "Venres do Ateneo", a partir das 21.00 horas. Trátase dunha das agrupacións tradicionais máis veteranas e activas de Marín, con 27 anos de traxectoria, baixo a dirección de José Manuel Riqueza Lois.

Formada por unha vintena de intérpretes, destaca pola variedade de instrumentos, entre gaitas, bombos, pandeiretas e cunchas. A banda comezou a destacar nos campionatos galegos a partir de 1995, acadando ao pouco tempo os primeiros postos na primeira división da Liga autonómica, ademais de gañar certames como o Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes, en Forcarei. Ten actuado en numerosas vilas e cidades galegas, ademais de fóra de Galicia e tamén en países como Portugal e Turquía.

Canda a Banda de Gaitas, Airiños conta tamén cun Grupo de Baile dirixido por Rosa María Rea, e do que forman parte unha trintena de bailadores e bailadoras cun repertorio de ritmos tradicionais a base de jotas, muiñeiras ou pandeiradas. Entre os galardóns que recibiu destacan a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural 2014 da Federación de Comercio da Provincia de Pontevedra. Ademais, Airiños de San Xulián -tanto na vertente da banda de gaitas como no grupo de danza- dispón de senllas escolas para aprender a tocar instrumentos e a bailar. No acceso á actuación, os socios do Ateneo achegan un donativo de 3 euros; 4 euros no caso dos non socios.

Asemblea e cine

Por outra parte, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia de Marín están convocados á asemblea anual ordinaria, que se celebrará o martes 29 de marzo ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria. Na orde do día figura a presentación dun informe de actividades por parte do presidente da directiva, Lois González Dopazo, a análise das contas da entidade e o avance do orzamento previsto para o próximo exercicio.

A programación de actividades deste mes de marzo rematará o 31 ás 21.00 horas coa proxección da película "Soldados de Salamina".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine