Queremos Galego Marín presentará a antoloxía poética "Dez anos na Porta" que recolle creacións de moitos dos integrantes iniciais do colectivo "Porta Verde do Sétimo Andar", así como doutros compoñentes que foron incorporándose ao grupo paulatinamente. O acto será o vindeiro día 5 de marzo, as sete da tarde no Museo Manuel Torres. No recital participarán Miguel Ángel alonso e Alfonso Láuzara, confundadores do grupo e uniranse a eles outros membros do colectivo. "A Porta Verde do Sétimo Andar" é un grupo literario que naceu en Vigo no ano 2005.