O Concello e a Asociación de Escritores celebran o Día de Rosalía de Castro

Os centros de ensino participan co envío de mensaxes ou postais sobre a autora

24.02.2016 | 02:45

O Concello de Marín, a través das concellerías de Cultura e Educación, súmanse a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Hoxe 24 de febreiro, fixado no calendario do libro e da lectura como aniversario do nacemento da autora, propónse á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo. Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, o Concello de Marín, e a AELG convidou a celebrar o Día de Rosalía de Castro aos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra. En educación secundaria e bacharelato propúxose o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía.

En educación infantil e primaria o Concello de Marín e a AELG propuxeron a elaboración e envío dunha postal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine