A Diputación, o Concello de Pontevedra, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Maio Longo celebrarán hoxe distintos actos para comemorar o Día de Rosalía.

O Concello, AELG e Maio Longo celebrarán un acto con música e lecturas de texto da escritora galega na Casa da Luz, a partir das 19 horas.

Actuará grupo de cantareiras Adonairare, que dará paso á lectura de textos de Rosalía de Castro por representantes de diversos sectores da sociedade pontevedresa: entidades e persoas do ámbito educativo, cultural, empresarial, sindical, da integración social, deportivo, mocidade, etc.

Asemande, leerase o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Este texto, titulado 'Rosalía libre e sen medo ningún' e escrito por Suso de Toro, tamén tera cabida na cerimonia de lembranza programada pola Deputación.

A nosa conciencia colectiva

"Este acto central pon o ramo a multitude de actividades organizadas por centros educativos e asociacións que celebran a data para constatar que "desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal", lembran os voceiros do Concello.

Pola súa banda, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, encabezará o acto institucional co que a Deputación conmemora, por primeira vez, o Día de Rosalía de Castro.

Terá lugar no Sexto Edifico do Museo a partires das 12.30 horas. O escenario será a sala que alberga a obra do fillo da autora, Ovidio Murguía de Castro (Sala 1 do segundo andar).

Acompañando a Xosé Leal tamén estarán os deputados Javier Dios, Eva Vilaverde e Digna Rivas.

A homenaxe, que se celebra na data do aniversario do seu nacemento, consistirá na lectura de fragmentos da obra da escritora de Padrón, que correrá a cargo dunha representación de persoas vinculadas á cultura e á literatura, entre as que destaca a presenza da escritora pontevedresa e membro da Real Academia Galega, Fina Casalderrey.

Está prevista a participación de 12 persoas entre as que se inclúen, ademais das xacitadas, a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, o secretario da Asociación Amigos do Museo, Ernesto Vázquez-Rey, ou o director do Museo, Carlos Valle.