O Mercado será escenario mañá do arranque de Sétima Feira, adicada á creatividade e na que 15 postos amosarán arte, moda, xoiería e ata caligrafía, acompañados da música do grupo Australia e o DJ JC.

É unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica que busca dinamizar a escea creativa da vila favorecendo un espazo para a venda, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.

Participarán iniciativas como EME Clothes and Bags (roupa e bolsos), Estudio de Caligrafía María Sancho, a creadora de bolsos e complementos Marly, O'Ras (artista en graffiti), La Platanera (deseño), Mis galletas y otras cosas (pastelería e cociña), Anaí Lago (artista), Pandora Fanzin (creación multidisciplinar), Estrellas o Limones (tenda infantil), Papp UV (gafas de sol ecolóxicas), Lara Torres (ilustración), Evasión (artes plásticas), Droguería Moderna, Carballo Estrela (moda), Lagasca Vintage (moda e accesorios vintage) e Estudio Pacheco (deseño gráfico e fotografía).