Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Arturo Estévez Rodríguez: "O pobo é quen máis ordena e en Pontevedra ordena que non quere máis ese enxendro"

"A presión da xente vai facer que no 2018 se derrube esa fábrica, eu teño claro que Celulosas vai desaparecer de Lourizán"

Arturo Estévez Rodríguez, onte no centro de Pontevedra. // Rafa Vázquez

Un escape das caldeiras da fábrica de Celulosas o 16 de maio de 1990 provocou que do recinto de Lourizán saísen grandes cantidades de fumes. Naquela ocasión, varias persoas tiveron que ser atendidas por diversas afeccións. Este foi o detonante que provocou que Arturo Estévez, un veciño de Salcedo, acudise dous días despois ao xulgado a interpoñer unha denuncia que, tras doce anos de instrucción e un complicado xuízo, terminou coa condena a Ence por delito ecolóxico en novembro de 2002. Catorce anos despois explica como se sinte tras coñecer que a Ence se lle prorroga a concesión.

-¿Qué lle parece que se lle autorice a Ence a sua presenza na ría durante seis décadas máis?

-Eu son uns dos privilexiados que todavía me bañei onde hoxe está ese enxendro maldito. O único que merece respeto de todo eso que está aí son os traballadores, aínda que a veces o seu comportamento tampouco fose o máis axeitado co resto da poboación de Pontevedra. Pero eu, non é porque sexa optimista, senón porque realmente esa decisión que acaba de tomar un goberno en funcións, vamos eu teño clarísimo que se no Concello seguen estando os que están e como na Xunta vai cambiar o goberno, teño claro que no 2018 Celulosas vai desaparecer de Lourizán.

-Non pensa entón que esta prórroga vai ser una ferramenta que lle permitirá quedar na ría ata 2073?

-Eu creo que non por varias cousas. Pontevedra e Marín tenden a conformar un núcleo urbán contínuo. Eu vivo alí preto dese enxendro, a un kilómetro e pico, e aquelo está moi devaluado cando debería ser una zona residencial. De calquer xeito, o mesmo PP en anteriores elecciones municipais era quen recoñecía que se tiña que ir de ahí. O que é claro é que presionouse dende dentro da propia empresa porque non hai que olvidar que unha exministra de Medio Ambiente, curiosamente, forma parte do Consello de Administración de Celulosas. Logo tamén temos que dicir que Ence dí que crea emprego. Eu lembro á cidadanía que celulosas cando puso esa caldeira de recuperación de residuos para a producción de enerxía eléctrica pois en principio ese traballo iba a facelo unha empresa de Pontevedra que era punteira nesa época e que era Metalurxia das Rías Baixas. Non llo deron, senón que o fixo unha empresa vasca, e Metalurxia pechou. Non so non crea emprego senón que o destrúe. A historia danos leccións constantemente e cando as sociedades avanzan as cousas teñen que ir para donde teñen que estar, en zonas industriais. Agora nos poden dicir tanto Celulosas como Elnosa que van a cumprir todos os parámetros e as medidas cando ata agora nos estiveron tomando o pelo. Os traballadores mesmo saben que a empresa é necesaria, con outra técnica, pero non ahí. Eles cando din que están apoiados por una serie de grupos e colectivos que digan os nomes, porque non o creo. Aquí hai un 80% da xente está en contra das Celulosas. Eu teño claro que aprobaron unha Lei de Costas para dar validez a todas estas aldraxes que se fixeron pola nosa costa, ese ministro que agora está en Europa e que foi tan "benefactor" pois permitíu legalizar todas estas monstruosidades nas que, curiosamente, están sempre nos consellos de administración estos señores do PP, este partido tan homoxéneo sobre todo na corrupción.

-Cando vostede denunciou a celulosas era unha planta moi contaminante. Eles argumentan que non se parecen en nada a aquela fábrica que foi condenada. Que pensa diso?

-Eu teño que decir que nos cambiou a vida a todos os pontevedreses porque eu lembro ir co meu irmán nos anos 60 a coller berberechos alí na ría e ata había ostras. Iso acabouse. Tamén lles digo que Galicia é una república, pero una república eucalipteira. Están enchendo Galicia dun árbol depredador que se o cortas se multiplica, se arde se multiplica, que cambia absolutamente a riqueza do noso chan e que non permite ningún outro tipo de cultivo. Non é verdad que cree riqueza, xera riqueza tan so para os seus dirixentes.

-Vexo que vostede está convencido de que non vai quedar na ría, pero por si por algunha razón o fixese, para vostede, que suporía?

-Hai dúas noites que non durmo do disgusto que teño porque ademáis levo vivindo alí 33 anos e vendo como vai medrando o enxendro xa que antes era máis pequena. Pero eu insisto en que non vai seguir aí porque eles mesmos saben que é unha sinrazón. Véxase que en Pontevedra xa non hai cuarteis porque ahora están onde teñen que estar, onde poidan levar a cabo a súa actividade sen molestar a poboación. Pois Celulosas ten que estar noutro sitio e non aí. Nós somos maioría e como dicía Xosé Afonso "o pobo é quen máis ordena" e en Pontevedra o pobo ordena que non quere máis ese enxendro.

-Pensa que se pode ou que se puido facer máis dende as administracións para que Ence marchase?

-O Concello agora está moi implicado. Penso que con estas mesmas siglas no pasado non o estivo tanto. A Diputación vaino a estar, non lle queda máis remedio, e a Xunta estivo a velas vir. O que pasa é que la Lei de Costas foi un balón de osíxeno para todas estas barbaridades especulativas que se fixeron non so na costa galega, senón en todo o Estado español. É un patrimonio acuícola, paisaxístico e de futuro que a xente ao final comprenderá que hai que recuperar que que pola presión da xente sei que vai sair todo ben e eu espero estar ahí no 2018 para ver como esta fábrica, como o muro de Berlín, é derrubada.

Compartir el artículo

stats