"A Xunta debe refacer o mapa de emerxencias"

26.01.2016 | 02:20

Andrés Díaz anunciou que enviará un escrito de queixa á Xunta co fin de que sexa reelaborado o mapa de atención de emerxencias para que os veciños e veciñas deste municipio e doutros limítrofes que se ven afectados polo mesmo problema dispoñan de elementos de intervención rápida en caso de accidente ou necesidade de auxilio.

"Non é lóxico que recaia a responsabilidade dos bombeiros de Bueu, a máis de 50 quilómetros de distancia, o ter que atender emerxencias en Ponte Caldelas ou A Lama cuns tempos de chegada que superan o humanamente razoable. A Xunta debe refacer, replantexarse, o mapa de emerxencias para que os veciños e veciñas de Ponte Caldelas e doutros municipios limítrofes teñan un tempo de atención urxente razoable", manifestou o rexidor Andrés Díaz Sobral.

"Non se pode trasladar este problema aos concellos modestos como os nosos que xa bastantes atribucións temos que asumir da Xunta para que os nosos veciños e veciñas non se vexan privados dos servizos máis elementais. Unha das razóns da existencia da administración autonómica é preciso garantir e poñer os medios para poder socorrer aos veciños en caso de emerxencia e non parece lóxico, eficaz nin eficiente o sistema actual porque, ademais, este problema sucede sempre".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine