A asociación Queremos Galego reuniu onte no Museo Manuel Torres a cinco novos valores da poesía galega, nun recital poético. Participaron os autores Rexina Vega, Daniel Piñón Peón "Targus", Alexander Vórtice, Amelia Do Val e Leonardo Fernández Campos, máis coñecido como "O Leo i Arremecághona". O acto rematou cun concerto.