Queremos Galego critica a forma de actuar do Concello na petición de fondos Feder

20.01.2016 | 02:54

A asociación Queremos Galego mostra o seu malestar ao recibir un correo electrónico do Concello onde se lles informaba da posibilidade de apoiar a candidatura de Marín na primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable, que serán confinanciadas mediante o programa operativo Feder. Denuncia este colectivo que este proxecto non se fixo público e non lles foi entregado.

Entende que o goberno local trata de venderlle aos colectivos e á veciñanza en xeral o proceso de elaboración deste proxecto "como democrático, transparente e participativo cando na realidade a participación das asociacións e colectivos de Marín se reduce só a dúas xuntanzas informativas e á creación dunha web, onde alén de atopar documentos xenéricos e unha axenda baleira, non existe ningún tipo de información relevante nin está o proxecto que se pretende que avalemos".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine