Á busca dos escritores do futuro

O Certame de Relato Curto da Fanpa abrese ós adultos, docentes e pais de alumnos

14.01.2016 | 03:42
Xosé Ballesteros, Xosé Leal, Carme Fouces y Rogelio Carballo. // Gustavo Santos

"Os futuros escritores saen de abaixo", lembrou o director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros, na presentación da cuarta edición do Certame de Relato Curto que convoca a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa) de centros públicos de Pontevedra, unha convocatoria na que colaboran o Concello e a Diputación, que nesta entrega publicitará o certame coa impresión de cen mil marcapáxinas.

O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, encabezou a presentación do certame e destacou "o seu valor para dinamizar o uso da lingua entre os centros educativos de toda a provincia e promover a capacidade do alumnado para escribir e dar a coñecer as súas historias".

O presidente da FANPA, Rogelio Carballo, e a concelleira de Educación de Pontevedra, Carme Fouces, tamén participaron la presentación dun concurso que o pasado ano recibiu máis de 800 orixinais. Nesta 2016 e a petición dos profesores amplíase a convocatoria para dar cabida ós adultos, docentes e pais de alumnos que tamén poderán enviar os seus relatos.

A idea é alentar a creatividade, a expresión escrita e o uso do galego entre os máis de 80.000 alumnos de ensino non universitario e que "medra ano a ano", sinalou Rogelio Carballo.

Se a Diputación imprime marcapáxinas destinados a difundir a iniciativa entre a comunidade educativa, o Concello asume a dotación dos premios do certame con 4 vales de 200 euros cada un, e a editorial Kalandraka encargarase da publicación dos catro relatos gañadores e dos finalistas ata un máximo de 120 obras.

Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil, e que tivo as súas primeiras experiencias literarias en concursos escolares, acompañará os gañadores na entrega de premios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine