Os sete equipos participantes no Club de Debate participaron onte nunha xornada formativa no Pazo da Cultura. Trataouse dun curso de habilidades comunicativas para os setenta mozos. Fixose unha preparación para falar en público abordándose os fenómenos da comunicación, a ordenación do discurso, a escoita, a comunicación non verbal e a linguaxe. Tamén traballaron a complexidade da comunicación grupal. Na fase eliminatoria en Pontevedra, que terá lugar o sábado, día 20 de febreiro, participarán sete equipos entre os que se atopan o IES Luis Seoane, IES Sánchez Cantón, ou o IES Valle Inclán, e un equipo do concello de Carballiño, que un ano máis comparte fase eliminatoria con Pontevedra. O Club do Debate fomenta o uso da lingua galega, o desenvolvemento das habilidades comunicativas e a oratoria do alumnado. Tamén traballa o proceso de documentación sobre os temas obxecto de debate. Ademais esta actividade fomenta o pensamento crítico, a tolerancia fronte á diversidade de opinións e o traballo en equipo.