| A Concellería de Normalización Lingüística organiza hoxe un curso de habilidades comunicativas para os 70 mozos participantes na nova edición do Club de debate en Pontevedra. A xornada desenvolverase no salón de actos do Pazo da Cultura desde primera hora da mañá. Está dirixida aos integrantes dos sete equipos estudiantes de primeiro de bacharelato e cuarto de ESO, inscritos no Club de Debate en Pontevedra. Na xornada de formación farase unha preparación de habilidades comunicativas para falar en público. Abordarán o fenómeno da comunicación, a modulación da voz e a ordenación do discurso.